Como antesala ao San Froilán volve a 4ª quedada motorista de Lugo
Outro ano máis, as motos terán o seu oco como antesala ao programa das festas do San Froilán de Lugo que volve ao calendario do 4 ao 12 de outubro como en cada edición. Pero antes, concretamente o vindeiro 29 de setembro, os amantes do motor teñen unha cita na cidade amurallada. Lugo acolle unha nova convocatoria da Quedada Motorista San Froilán, que chega a súa 4ª edición, consolidada xa entre os afeccionados deste práctica.
Polo momento non se desvelou nin o programa nin o cartel desta cita que se consolida no calendario do municipio. A primeira quedada celebrouse o 3o de setembro do 2018 como homenaxe a todos os moteiros lugueses, desde López Mella, os irmáns Minuto o Iván Torres, e tamén a outros que seguen a levar o nome de Lugo ao máis alto, como Jorge Prado. Comprendeu unha ruta en moto, un percorrido turístico pola Muralla, unha ofrenda floral e un almorzo de confraternidade, con música en directo, na zona da Milagrosa