Confirman o cuarto concerto para o San Froilán

LugoXa
O grupo únese a Fillas de Cassandra, La Perra Blanco e Club del Río
triángulo-de-amor-bizarro
21 Ago 2024

O San Froilán confirma o cuarto dos seus concertos. Será o grupo galego Triángulo de Amor Bizarro, que este ano celebra a súa xira de 20º aniversario e que ofrecerá un concerto n acidade o 10 de outubro ás 23.00 horas na Praza Santa María. Triángulo de Amor Bizarro únese a Fillas de Cassandra (4 de outubro, 22.00, Horta do Seminario), La Perra Blanco (4 de outubro, 23.00, Santa María) e Club del Río (7 de outubro, 21.00, Santa María) como primeiras confirmacións do cartel da gran festa do outono galego para este ano.

Xa no seu debut foran nº2 na revista especializada Mondosonoro e nº9 na Rockdelux. No 2010 realizan unha xira por México e no 2011 gañan o premio IMAS á mellor banda española en México. O seu álbum "Año Santo" é nominado a 9 categorías nos premios da música independiente (UFI), gañando 4 delas (incluíndo Álbum do ano e Mellor directo).

Seguen a xirar nos seguintes anos por México e EEUU coa publicación de Salve Discordia no 2016 co que gañan o Premio Ruido (concedido por la Asociación de Periodistas Musicales de España ao mellor disco do ano). E obteñen 4 premios nos premios da música independente do 2016; Mellor artista, Álbum do ano, Álbum de Rock e Produción Musical.

No 2020 co seu quinto LP volven obter o Premio Ruído da Asociación de Periodistas Musicales de España. Seguen publicando álbumes ata o día de hoxe e xirando por medio mundo e formando parte do cartel dos máis importantes festivais de Europa. Neste 2024 e para festexar o seu aniversario aterran en Lugo dentro da súa xira 20 aniversario que ten unha particularidade xa que a propia banda anunciou que con motivo do seu vixésimo aniversario o repertorio de cada concerto "variará segundo o azar". Ao inicio de cada actuación serán a sorte e o público quen decida que dous álbums tocarán integramente de entre os seis que compoñen a súa discografía oficial, convertidos en cartas do tarot.

--

0.20781207084656