Constituído o grupo municipal popular, que recupera os encontros veciñais

LugoXa
Esta mañá quedou constituído o Grupo Municipal e entregouse en actas a documentación da súa composición logo da reunión de traballo .
novo equipo goberno pp candia concello lugo
19 Jun 2023

Esta mañá quedou constituído o Grupo Municipal e entregouse en actas a documentación da súa composición logo da reunión de traballo que mantiveron os novos edis populares

A voceira do Grupo Popular xunto co vicevoceiro popular iniciou unha ronda de visitas aos diferentes departamentos municipiais para presentarse e poñerse a disposición dos traballadores do Concello. Os primeiros contactos foron co secretario e co interventor do concello.

Durante os próximos días o equipo de Elena Candia visitará o resto de dependencias municipais para coñecer as necesidades que ten o persoal da casa así como brindar a colaboración do Grupo Popular para impulsar medidas que redunden nunha mellora das prestacións á cidadanía.

Esta semana tamén vanse reanudar os encontros veciñais cunha xuntanza o xoves ás oito no barrio de A Ponte; tamén haberá visita ao barrio do Sagrado Corazón e esta mesma tarde se vai constituir a primera Mesa Sectorial de Migración na que participarán diferentes entidades que promoven accións cos colectivos de distintos países que residen en Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19429802894592