Continúa a aposta en Lugo polo muralismo e a arte urbana

LugoXa
Lugo continúa a ser referencia da arte urbana.
mesa_redonda_arte_urbana_lugo
12 Abr 2024

Lugo continúa a ser referencia da arte urbana. A deputada de Cultura Iria Castro expuxo as iniciativas de promoción do muralismo e da arte urbana desenvolvidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no Curso de Primavera que se está celebrando na Facultade de Humanidades co título Pegadas no muro: Relatos e proxectos de arte urbana.

Nunha mesa redonda na que participaron artistas como Diego AS, Manuel Pallín ou Pía Piadosa, a deputada de Cultura repasou as intervencións artísticas desenvolvidas arredor do Día de Rosalía e do programa IlustrarNÓS, que supuxeron a realización de oitenta murais en centroseducativos, polideportivos, bibliotecas e outros espazos públicos por toda a provincia nos últimos tres anos

Manuel Pallín, Ana Santiso, Sandra Lodi, Susana Rodeiro "Nana", Lara Torres, Iago Eireos, Pablo Lage, Rubén Paz, Davixino son algúns dos artistas que participaron nestas iniciativas, que, tal e como destacou Iria Castro, "tiveron desde o inicio unha gran acollida por parte do tecido cultural, da comunidade educativa e dos propios concellos, cos que colaboramos para levar a cabo estas iniciativas".

0.1327018737793