Continúa a humanización das rúas do Concello de Monterroso
LugoXa
Continúa a humanización das rúas, zonas de máis afluencia e aldeas do Concello de Monterroso coa colocación de bancos e plantas
1 Dec 2021
Continúa a humanización das rúas, zonas de máis afluencia e aldeas do Concello de Monterroso. Así, dende o equibo de Goberno decidiron instalar asentos e xardineiras para facer unha vila máis atractiva.
Algunhas delas son bancos con maceteiras incorporadas que se colocaron no medio das rúas ou a carón de muros para así axudar ao descanso e reunións dos veciños.
Monterroso conta con 29 parroquias civís, a maioría delas de pequena extensión e actualmente ten un censo de 4.050 persoas das cales 2.033 son homes e 2.017 son mulleres.