Continúa a loita da anpa de Anexa pola cesión do pavillón

LugoXa
Pais e Nais de Anexa solicitan á Xunta que non ceda os espazos para crear un pavillón para o uso da Facultade de Profesorado.
CEIP ANEXA
10 Jun 2022

Continúa a loita dos pais e nais do alumnado do CEIP Anexa para solicitar á Xunta que non ceda os espazos para crear un pavillón para a USC para o uso da Facultade de Formación do Profesorado.

Neste senso, a anpa de Anexa convocou hoxe ás familias para manifestarse en contra da perda destas instalacións que utiliza o colexio agora.

As familias comezaron a protesta esta mañá en torno ás 8.20, antes da entrada ás aulas, tendo certo impacto sobre o tráfico.

A problemática vén dada, segundo a anpa, porque o centro escolar ten xa un problema de falta de espacio, que se agravará coa perda das instalacións deportivas. A USC, pola súa banda, investirá preto de medio millón de euros para acondicionar este pavillón que, cando a Facultade se traslade ao campus, volvería a pasar a mans do colexio.

A estas protestas da anpa uníronse tamén as críticas de partidos políticos con representación na cidade de Lugo que piden á Xunta paralizar a cesión destes espazos.

Esta mesma mañá, foi Cs Lugo quen anunciou que o seu grupo levará a pleno que o Concello inste á USC e á Consellería de Educación para que freen estas obras no pavillón e manteñan a súa cesión ao CEIP.

O edil da formación laranxa, Juan Vidal-Pardo, asegurou que a situación no centro é “insostible”. “É necesario que o Concello se implique e, para iso, todos os grupos municipais debn facer forza para que a Xunta e a USC rectifiquen”, sinalou.

BNG apoia á anpa

Na mesma liña falaba, hai uns días, a nacionalista Olalla Rodil quen avanzou que o seu grupo presentará iniciativas ao respecto no Parlamento de Galicia. A nacionalista instou á Xunta a buscar unha solución que non elimine os dereitos do alumnado así como os da facultade.

As concelleiras e concelleiros do BNG participaron esta mañá na mobilización convocada polas familias do CEIP Anexa, reclamando unha solución que lles permita continuar a utilizar o pavillón do centro. Arroxo anunciou que o BNG vén de presentar unha moción de cara ao vindeiro pleno, reclamando que “a Xunta de Galiza busque unha solución que garanta que as 500 alumnas e alumnos deste centro de ensino teñan acceso ao pavillón”.

Arroxo lembrou que “é responsabilidade do goberno galego buscar o conseso entre as familias, a USC e o centro para garantir que ambas comunidades teñan acceso ás instalacións necesarias para desenvolver as súas actividades”.

A moción presentada no Concello de Lugo únese á iniciativa presentada pola deputada do BNG no Parlamento que trasladou inquedanzas das familias ante a cesión deste pavillón á facultade de Formación do Profesorado da USC, solicitando a paralización desta cesión e reclama a busca dunha solución alternativa que garanta os dereitos das e dos estudantes tanto da USC como do colexio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2060649394989