Continúa a mellora do alumeado público con novos puntos de luz no centro de Lugo

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora do alumeado público instalando novos puntos de luz no centro da cidade.
alumeado_lug
22 Abr 2024

A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora do alumeado público instalando novos puntos de luz no centro da cidade.  O concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, explica que o Goberno de Lugo traballa "na mellora da eficiencia enerxética e na redución de zonas escuras para garantir a seguridade en todas as vías". Nos últimos días instaláronse novos puntos de luz na praciña do colexio, unha zona que non contaba con alumeado público.

No ano 2023 foron 82 as rúas nas que se actualizaron as luminarias, "cunha instalación de máis de 1291 puntos LED que potencian a baixada de consumo e fomentan a eficiencia", explicou. Dende a chegada ao Goberno do concello de Lugo, "continuamos a traballar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente", o que pasa por aumentar cada ano o presuposto orzamentario destinado á actualización das luminarias, que dende o 2021 pasaron de 16.089 puntos de luz aos 16.914 totais a finais do pasado ano.

0.13542294502258