Continúa a renovación da rede de abastecemento da Cheda

Continúan os traballos de renovación da rede de abastecemento da Cheda. Unha intervención coa que se pretende eliminar o fibrocemento que segue presente nas antigas canalizacións do barrio e substituílas por outras de fundición, moito máis resistentes, duradeiras e con menos contaminantes.
O que se pretende é avanzar no plan municipal para erradicar a presenza de substancias na traída da auga ao que se destinan 1,2 millóns de euros co obxectivo de que se produzan menos incidencias.
Así mesmo, dende o Concello de Lugo sinalan que a inversión é de 248.461 euros e xa se suma ás obras desenvolvidas ou en execución noutros puntos da propia cidade, onde tamén se procedeu á renovación da rede de saneamento.