Continúa a renovación da rede de alumeado público cunha actuación en Galegos

LugoXa
Permitirá renovar máis de 100 puntos de luz e aforrar máis de 22.500 kWh
renovacion-alumeado-galegos
Os concelleiros nacionalistas, visitando a zona de Galegos
19 Maio 2024

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o barrio de Galegos onde a Tenencia de Alcaldía renovará o alumeado público de todo o barrio. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas". O Tenente Alcalde destacou que esta actuación permitirá tamén "completar a renovación do barrio, despois da renovación da totalidade do asfalto no pasado mandato".

Renovaranse en total 106 puntos de luz, eliminando as antigas luminarias de Vapor de Sodio de 70W, instalando puntos Led de 30W, o que permitirá aforrar 22.790 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras, e renovaranse elementos da instalación como caixas de conexión e condutores e reducindo o risco de avarías na rede.

Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na redución do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente". Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, o que diminúe as avarías e as molestias á veciñanza.

0.10284996032715