Continúa a renovación do alumeado na cidade amurallada

LugoXa
Lugo sigue renovando el alumbrado público de la ciudad. En esta ocasión fue en las calles Quiroga, Portugal y Lamas de Prado.
alumeado publico ruben arroxo
3 Mar 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, visitaron a contorna da rúa Quiroga onde o Goberno de Lugo renovou a rede de alumeado público. Alexandre Penas explicou que "con esta actuación avanzamos na mellora da rede de alumeado público da cidade e melloramos do mesmo xeito a imaxe desta zona", e engadiu "avanzamos na instalación de alumeado LED de baixo consumo, que permite unha boa capacidade lumínica reducindo o consumo enerxético e as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade".

A concellería de Infraestruturas substituíu 17 puntos de luz de 70W por LEDs de 53W nas rúas Portugal, Quiroga e Lamas de Prado. O novo alumeado permite aforrar 289W con respecto á instalación previa, o que ao ano suporá reducir o consumo en 1.156 kWh e deixar de emitir 445 Kg de CO2 á atmosfera.

Desde a concellería de infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, que se executarán durante o 2022. Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade.

0.094816923141479