Continúa a renovación do asfalto na avenida das Américas
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa coa renovación dos espazos públicos de Lugo cun novo asfaltado na Avenida das Américas. Arroxo explicou “o ano pasado actuamos no treito final, e agora poñemos en marcha a renovación do resto da rúa, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen”
A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.
Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida"."As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o Tenente Alcalde.