Continúa a renovación do asfalto na contorna do parque da Milagrosa
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días o Goberno de Lugo renovará o asfalto dunha das rúas do interior do Parque da Milagrosa.. Arroxo explicou que se actuará nun treito duns 120 metros "que está nun avanzado estado de desgaste, e que precisa dunha intervención integral para garantir o bo estado dunha das instalacións municipais que máis visitantes reciben cada día".
A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.
O Tenente Alcalde anunciou que nas vindeiras semanas executaranse unha serie de asfaltados en zonas de Galegos, a Croa, “garantindo a atención das zonas periurbanas de Lugo”.
Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida"."As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o Tenente Alcalde.