Continúa a renovación do asfalto no barrio da Cheda
Continúa a coa renovación dos espazos públicos no barrio da Cheda segundo anunciou Arroxo que explicou que a Concellería de Infraestruturas vén de renovar a unión da N-VI coa rúa Río Azúmara e no primeiro treito desta.
A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptáronse os rexistros á nova cota da vía e renovouse a sinalización horizontal.
Arroxo explicou que "desde o Concello traballamos no arranxo integral da rúa Pousadela ata a ronda do Carme, o pintado da sinalización horizontal, o asfaltado da rúa Río Sar e outras actuacións neste barrio". As intervencións neste barrio complementan outras obras feitas en diversos barrios da cidade como Albeiros, As Gandaras ou Castelo.
Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida". "As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o Tenente Alcalde.