Continúa a renovación no barrio de Recatelo en Lugo

LugoXa
Continúa la peatonalización del barrio de Recatelo en Lugo. Rubén Arroxo y Alexandre Penas visitaron las obras.
robotica con arduino amigus portada
2 Apr 2022

O tenente de alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou xunto con Alexandre Penas, concelleiro de infraestruturas, os avances realizados nas obras de peonalización no barrio de Recatelo, que se están a executar nas rúas Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo. “Nestes días comezouse a instalación da nova pavimentación nestas rúas”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu "esta actuación permitirá mellorar a imaxe dun barrio histórico da cidade, situado entre a Muralla e o Parque de Rosalía".

Arroxo informou que esta obra continúa a executarse “a un ritmo superior ao planificado”, malia que durante a folga de transportes, se tiveron que deter os traballos durante 10 días por falta de materiais. “Retomamos xa os traballos e continuamos avanzando na mellora destas dúas rúas, sen afectar aos tempos previstos para o remate da obra”, explicou Arroxo. Esta actuación foi adxudicada por 208.626,59 euros, e un prazo de execución de 6 meses.

Para Rubén Arroxo, "Recatelo está a converterse nunha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza".

"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".

0.17564988136292