Continúa o festival de poesía Lupercais coa xuntanza de doce poetas en Lugo

LugoXa
Este sábado continúa no Vello Cárcere a terceira edición do festival de poesía Lupercais.
lupercais_2024_solaina
9 Mar 2024

Este sábado continúa no Vello Cárcere a terceira edición do festival de poesía Lupercais. Durante a xornada, intervirán doce poetas organizados en tres sesións. Branca Novoneyra, Eva Teixeiro, Jesús Castro Yáñez e Brais García, acompañado polo guitarrista Rafa Fernández, abren o programa ás 12.30 horas.

Xa pola tarde, a primeira lectura terá lugar ás 18.30 da man do poeta José Rui Teixeira, seguido de Almudena Otero Villena, Ánxela Gracián e Carlos Catena. Para rematar, ás 20.00 horas, o evento contará coa participación de Oriana Méndez, María Reimóndez, Unai Velasco e María Sánchez. Xuntaranse, deste xeito, voces de Lugo con voces doutros puntos do país e da península para consolidar o festival como un evento de referencia na cidade.

0.20418310165405