Continúa o Festival Caudal Fest, que a noite do venres encheu a beira do río Miño
Segue durante a xornada de hoxe, sábado 21 de setembro, a celebración do festival Caudal Fest, que se atopa na zona fluvial do río Miño, a carón do Pazo de Feiras e Congresos da cidade, despois de acoller a milleiros de afeccionados á música no día de onte, na que actuou Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Xina Mora e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade aos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira.
Pola súa parte, na tarde de hoxe, será a quenda para outro gran número dalgúns dos artistas con máis éxito do país. Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé, Parkineos, e Monoulious DOP, Dani Dicostas e Querido.
A alcaldesa, Paula Alvarellos, destacou “a boa acollida do cartel desta sexta edición, con artistas e bandas de primeiro nivel”. “A calidade do mesmo e o volume e ritmo de venda de abonos é boa mostra da consolidación do festival na nosa cidade”, apuntou.
Ademais, o Concello de Lugo facilita autobuses gratuítos cada 15 minutos dende o centro da cidade ata as inmediacións do recinto do Caudal Fest, tanto de ida como de volta, para que os asistentes acudan de forma máis cómoda e segura. Os buses lanzadeira saen dende a Praza de Bretaña con saídas continuas desde ás 16:30 horas ata as 03:45 horas da madrugada.