Continúa o festival de baile latino en Lugo tras un acto oficial
A deputada de Cultura Iria Castro deu a benvida as persoas participantes no obradoiro de baile latino contemporáneo que se celebrou no Pazo de San Marcos, no marco do Festival Cartografía en Movemento que organizan a Asociación 3monos e o Colectivo Glovo coa colaboración Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo e que programa talleres e espectáculos de danza e artes vivas en distintos espazos da sede provincial e da súa contorna ao longo da fin de semana.
Unha trintena de participantes, na súa maioría familias con nenos nas primeiras idades, asistiron ao obradoiro impartindo pola bailarina costarricense Allyson Maykall, que está a realizar unha residencia artística da man de Colectivo Glovo.
Iria Castro agradeceu á organización “que contara co Pazo de San Marcos para desenvolver esta programación, e remarcou o encaixe desta proposta na vontade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo de proxectar o edificio e a súa como un espazo aberto á cidadanía e á creación cultural”
Cartografía en movemento
O festival continúa hoxe no interior do Pazo de San Marcos. Ás 13h abrirá o programa o Alumnado do CDAN de Lugo con coreografía de Maruxa Salas cunha peza titulada Una. Continuará Cía. iXa, cun espectáculo co nome de Ollos cara adentro. Seguirán Cía. Venérea coa súa proposta Urania Ultra.
Ás 20h nos xardíns traseiros do Pazo de San Marcos abrirá o programa a peza Dormu de Cía. Indalecio Seura. Continuará Caso 26 de Cía. Allyson Maykall e pechará A raíz de, de Cía. Daniel Rodríguez.
Na xornada do domingo día 1 celébrase A alma de Cartografía na que participarán persoas, parellas e grupos, que presentarán a súa proposta artística á convocatoria aberta pola Asociación 3monos con este obxectivo. As actividades desenvolveranse na contorna da Escola de Imaxe e Son do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.