Continúa o Festival de Música Cidade de Lugo co concerto de Pérgamo Ensemble e Elisabeth Hetherington
Continúa o programa da 51ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado, o Festival de Música Cidade de Lugo 2024. Este xoves, a partir das 20.30 no Círculo das Artes, actúa Pérgamo Ensemble e a soprano Elisabeth Hetherington. Dende que se trasladou aos Países Baixos, Hetherington consolidouse como unha destacada intérprete da música antiga, contemporánea e moderna en toda Europa.
Pola súa parte, galardoados en xullo de 2019 co Gran Premio do Xurado do VIII concurso de Música Antiga de Xixón, Pérgamo Ensemble comezou a ofrecer os seus primeiros concertos no ano 2016. Dende entón realizaron concertos por España, Europa e América, destacando o ciclo Sicut Sagittae de Nápoles, Noites nos xardíns do Real Alcázar de Sevilla ou o Festival de Torroella de Montgrí, entre outros. Todos os concertos son de entrada de balde ata completar aforo.
Programa:
23 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Elisabeth Hetherington, soprano
Pérgamo Ensemble
Mater Misericordiae (Telemann e Zelenka )
25 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Notos Quartett
Piano Quartet (Mozart, Dessner e Brahms )
26 de maio – Capela de Santa María - 19:30 h
Son de Corda
O Mérito das mulheres. Compositoras no tránsito do S. XVI ao XVII
28 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
François Dumont, piano
Recital (Bach, Mozart, Liszt & Chopin)
31 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
La Guirlande
Alicia Amo, soprano
Cristal Bello
Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII
1 de xuño - Círculo das Artes - 20:30 h
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Jonian Ilias Kadesha, violín e dirección
Paixón. Concertos e sinfonías. (Mozart, Vivaldi, Mendelssohn e Haydn)