Continúa o programa da 51ª edición do Festival de Música Cidade de Lugo
Continúa o programa da 51ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado, o Festival de Música Cidade de Lugo 2024. Este martes actúa no Círculo das Artes a partir das 20.30 horas Dianto Reed Quintet, un grupo de cámara formado por cinco músicos españois residentes en Ámsterdan, e entre eles figura a fagotista lucense María Losada.
Dianto Reed Quintet ofrece un novo enfoque ao tradicional concerto de música de cámara, transformándoo nunha experiencia máis interactiva coa audiencia. Pola súa parte, o xoves, chegan a soprano Elisabeth Hetherington e Pérgamo Ensemble, mentres que o sábado é a quenda de Notos Quartett con pezas de Mozart, Dessner e Brahms. O programa segue na Capela de Santa María o domingo a partir das 19.30 horas coa actuación de Son de Corda no que a música de mulleres compositoras no tránsito do século XVI ao XVII serán as protagonistas do concerto do cuarteto vocal.
O día 28, de novo no Círculo das Artes, poderase gozar do recital a cargo do pianista François Dumont e o 31 de La Guirlande. Pechará o festival, o 1 de xuño, o violinista greco-albanés Jonian Ilias Kadesha, dirixindo a Orquestra Sinfónica Vigo 430 en dous concertos para violín de Vivaldi e Mozart e sinfonías de Mendelssohn e Haydn. Todos os concertos son de entrada de balde ata completar aforo.
Programa
21 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Dianto Reed Quintet
Identidades, a maxia do Duende
23 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Elisabeth Hetherington, soprano
Pérgamo Ensemble
Mater Misericordiae (Telemann e Zelenka )
25 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Notos Quartett
Piano Quartet (Mozart, Dessner e Brahms )
26 de maio – Capela de Santa María - 19:30 h
Son de Corda
O Mérito das mulheres. Compositoras no tránsito do S. XVI ao XVII
28 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
François Dumont, piano
Recital (Bach, Mozart, Liszt & Chopin)
31 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
La Guirlande
Alicia Amo, soprano
Cristal Bello
Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII
1 de xuño - Círculo das Artes - 20:30 h
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Jonian Ilias Kadesha, violín e dirección
Paixón. Concertos e sinfonías. (Mozart, Vivaldi, Mendelssohn e Haydn)