Continúa o programa de compostaxe doméstica en Castroverde

LugoXa
Dende o Concello poñen á disposición da veciñanza composteiros e aireadores de uso doméstico
compostaxe-domestica-begonte-compostador-portada
Imaxe de arquivo
13 Xul 2024

Continúa o programa de compostaxe doméstica no municipio. Os veciños de Castroverde que dispoñan dun pequeno terreo, poden aproveitar estes residuos para facer un compost de excelente calidade. Para isto, dende o Concello poñen á disposición da veciñanza composteiros e aireadores de uso doméstico. Para reservalos é preciso inscribirse na web.

Para máis información pódese chamar ao 647 521 464 ou ben enviar un correo a residuos@concellodecastroverde.gal. Este domingo, ademais, terá lugar na feira a partir das 12.00 horas unha nova sesión informativa sobre compostaxe para a veciñanza. Ao finalizar a formación, procederase á entrega do material de xeito totalmente gratuíto.

0.11454606056213