Continúan as obras de renovación no parque de Augas Férreas en Lugo

LugoXa
Continúa o avance das obras de cobertura e renovación do parque de Augas Férreas, que será o terceiro parque infantil cuberto da cidade.
obras parque augas ferreas
14 Ago 2021

Continúa o avance das obras de cobertura e renovación do parque infantil de Augas Férreas, que será o terceiro parque infantil cuberto da cidade, xunto aos do Pazo de Feiras e a praza Agro do Rolo.

Os traballos contaron cun orzamento de 166.400 euros e incluíron tarefas de acondicionamento tales como a colocación dun novo pavimento na totalidade da área de recreo, traballos de posta a punto en xogos, a retirada e recolocación do valado de aceiro inoxidable, a retirada do bordo perimetral para consecución dunha única cota e reparación da superficie afectada, así como a recolocación e reordenación dos xogos existentes, tendo en conta que se procederá a instalación de dous novos elementos lúdicos.

Ademáis da cubrición do parque infantil, mediante a colocación dunha estrutura con pórticos de aceiro e a base de placas de policarbonato translúcidas que protexerá a área de xogos, así como a instalación dun novo rocódromo e un pórtico triplo, co que se aumentará nun terzo a superficie do parque, chegando a case 400 m2 (396.88 m2), dos cales 236 m2 coinciden coa área existente e 160 m2 coa ampliación.

Así mesmo, o Concello de Lugo xa penalizou á empresa encargada da transformación do parque infantil de Augas Férreas polas demoras inxustificadas na execución do contrato. A sanción foi de 5.115 euros, a razón de 82’51 euros por cada un dos días do período de dous meses que se lle concede agora como prórroga para que finalice os traballos.

0.124587059021