Continúan as obras en Lamas de Prado que xa ten instalado o mobiliario urbano

LugoXa
Rubén Arroxo visita a obra de Lamas de Prado que se sumará á Praza de Alacante e á de Aquilino Igrexa Alvariño
Lamas de Prado
25 Xan 2023

A rúa Lamas de Prado conta xa coa  recente instalación de mobiliario urbano e o pavimentado de diferentes zonas. Arroxo explicou que “os traballos da renovación desta rúa vanse sumar ao da praza de Alacante e aos da rúa Aquilino Igrexas Alvariño”, e engadiu “hoxe continuamos a traballar dende o goberno municipal para garantir que a imaxe desta zona mellore como estamos a traballar en outros barrios da cidade”.

O Goberno de Lugo traballa neste proxecto, tanto na renovación das beirarrúas, como nas diferentes instalacións de servizos que están soterrados, eliminando barreiras arquitectónicas e aumentando a accesibilidade nunha zona da cidade que acolle a máis de 10.000 habitantes.

Habilitouse unha plataforma única na confluencia desta rúa coa praza do Castiñeiro, continuando coa aplicación dun modelo que fomenta a convivencia entre as persoas e os vehículos, calmando o tráfico e permitindo o tránsito peonil pola zona de xeito seguro. A actuación supón un investimento de 533.933€, e inclúe tamén a renovación do mobiliario urbano de as zonas verdes da zona, xunto coa instalación dunha nova marquesiña para a parada do bus urbano.

0.20532608032227