Continúan as procesións da Semana Santa de Lugo 2026

LugoXa
A programación inclúe pregón, concertos e 12 procesións entre o 25 de marzo e o Domingo de Pascua, coa colaboración da Deputación e o impulso das confrarías locais
Presentación-cartel-Semana-Santa-Lugo-26
30 Mar 2026

A Semana Santa de Lugo 2026 contará este ano con 12 procesións e continúa este luns coas procesións que fan desta unha cita relixiosa e cultural declarada de Interese Turístico de Galicia que busca de recoñecemento nacional.

Así, a semana comezou o 25 de marzo coa lectura do pregón na Igrexa da Nova a cargo de José Antonio Roldán, Comandante Militar de Lugo e xefe do Campo de Manobras e Tiro de Parga. E logo das primeiras procesións e concertos, este Luns Santo terá lugar a procesión da Virxe da Esperanza, que será ás 20.30 horas. Entre as 11.00 e as 19.00 horas haberá Eucaristía..

O Martes Santo honrarase ao Bo Xesús e o Nazareno, o Mércores Santo será ao Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, e o Xoves Santo a procesión estará dedicada á Santa Cea. O Venres Santo percorrerán a cidade a Paixón do Señor, o Desencravo, o Santo Enterro e a Virxe da Soidade (As Caladiñas). O Sábado Santo terá lugar a procesión da Virxe da Piedade, do Santo Rosario e o Vía Crucis, rematando coa solemne Vixilia Pascual, mentres que o Domingo de Pascua celebrarase o Santo Encontro, a Misa Pontifical de Resurrección e a procesión do Cristo Resucitado ao remate da misa.

 

0.13122606277466