Continúan as tarefas de embelecemento da cidade de Lugo
Estanse a levar a cabo traballos de limpeza de grafitis, -incluídos na programación anual de limpeza da cidade- nas fachadas da cidade.
Nun primeiro momento realizouse unha inspección dos lugares valorando, entre outras cuestións, que tipo de construcción é a afectada e o material empregado no acto vandálico. Os traballos, que comezaron este luns deron comezo en Campo Castelo, continuando pola praza Fernando de Casas Novoa, Clérigos, rúa Falcón, rúa Catedral, rúa Progreso, praza da Universidade, rúa Miño e na Tineria. A previsión para o día de mañá é a de continuar por carril do Hospital, carril do Son, carril do Mercado, Quiroga Ballesteros e praza do Ferrol.
Fernández pediu colaboración e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos, e é moi importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala", finalizou.
Servizo gratuíto de limpeza de fachadas
O Concello ten implantado o servizo gratuíto de Limpeza de fachadas dende o ano 2002. Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas
Debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.