Continúan as viaxes ás praias durante o verán organizadas polo Concello do Corgo
O Concello do Corgo programa viaxes ás praias propostas os xoves durante o verán. Nas semanas que o xoves é festivo trasládase aos mércores. As viaxes terán un custo de 8 euros para os empadronados e 12 para os non empadroados, con saída ás 9 da mañá da antiga cámara agraria.
As viaxes á provincia de Pontevedra (praia das Américas e Samil) terán un custo engadido de dous euros en cada aportación (10 euros os veciños do Corgo e 14 os non empadronados neste concello) e a saída será as 8 da mañá da antiga cámara agraria.
Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 622 500 462, de luns a mércores, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Respetarase a orde de inscrición. O destino da praia pode ser variado segundo o tempo e a hora de regreso pode ser modificada tamén.O 8 de agosto irán a Rinlo, o 14 a Covas, o 22 a Valdoviño e o día 29 a Riazor.