Continúan os almorzos saudables en Outeiro de Rei, que son unha vez ao mes

LugoXa | TerraChaXa
Todo o alumnado de Primaria participará na iniciativa, na que se ofrecen alimentos de orixe galega amparados por selos de calidade
almorzos-saudables-outeiro-de-rei
27 Feb 2025

Alumnado de Primaria do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei participou no segundo almorzo saudable organizado polo Concello en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, co fin de promover bos hábitos alimentarios entre os nenos e nenas.

Esta actividade desenvólvese unha vez ao mes para que poidan participar os estudantes de todos os cursos de Primaria e estivo presente o alcalde da localidade, José Pardo Lombao. O día elixido é o xoves, ás 9.30 horas, pero nesta ocasión fíxose o mércores para non coincidir coas actividades de Entroido.

Nos almorzos ofrécense alimentos de proximidade e produtos amparados por algún dos selos de calidade de Galicia: Artesanía Alimentaria, Agricultura Ecolóxica, Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Entre eles figuran leite, iogures, froita, pan, aceite, queixos, mel, marmeladas, galletas, torta de castañas ou cacao, todos de orixe galega, moitos deles da provincia de Lugo.

Convocados pola Rede de Saúde Local do Concello, o obxectivo é que os estudantes consoliden prácticas axeitadas nas primeiras etapas da vida, tanto no ámbito alimentario como en todos os aspectos do seu autocoidado.

⚙ Configurar cookies
0.12175703048706