Continúan os Domingos Folclóricos para poñer en valor a tradición en Portomarín

LugoXa
O Concello de Portomarín continúa co seu programa de Domingos Folclóricos para poñer en valor a tradición e a música popular e que arrancou o domingo 4 de agosto.
pandeireta
Foto recurso
10 Ago 2024

O Concello de Portomarín continúa co seu programa de Domingos Folclóricos para poñer en valor a tradición e a música popular e que arrancou o domingo 4 de agosto. Este domingo día 11, actuarán, a partir das 19.00 horas, o grupo Daquidoasma de Chantada e Os Penediños do Porriño.

Os concertos continúan o domingo 18 xornada na que estará a agrupación folclórica Lemavos de Monforte e o grupo etnográfico Roga pro Doiro de Portugal. A última actuación será o domingo 25 de agosto, a partir das 19.00 horas, da man de Os Xílgaros de Lugo e da asociación cultural Río Miño de Portomarín. O programa foi posto en marcha polo Concello e a Deputación.

0.1592059135437