Continúan os labores para retirar os restos da árbore que caeu na N-VI entre a Ponte Branca e o Mesón o Muíño

LugoXa
Este luns 18 de marzo, dende as 9.
ponte_branca
16 Mar 2024

Este luns 18 de marzo, dende as 9.00 horas o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Lugo coordinou un novo dispositivo para a retirada dos restos das raíces e da terra que quedou dun piñeiro de grandes dimensión que caeu na estrada N-6 entre a Ponte Branca e o Mesón o Muíño.

O labor desenvolverase no treito que foi cedido no seu día ao Concello de Lugo completando deste xeito os traballos realizados este xoves con medios propios do Concello cos que se retiraron os outros restos da árbore que quedaran depositados no arcén. Para poder volver a traballar con seguridade nesa zona de tanto tráfico, solicitaron de novo a colaboración da Garda Civil de Tráfico.

0.19874906539917