Continúan os traballos de calmado de tráfico en Lugo
Continúan os traballos enmarcados no plan de calmado de tráfico onde se busca que a seguridade dos peóns e da veciñanza aumente en toda a cidade. Así pois, Rubén Arroxo destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade”.
Estase a executar a construción de cinco novos pasos de peóns elevados na Avenida de Madrid, xunto á praza do Rei, na rúa San Eufrasio, en Casas Vellas, Avenida Adolfo Suarez e rúa dos Gardas. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, Calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.
Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.