Contos, deportes e moita auga na festa de fin de curso que organizan en Augas Férreas
LugoXa
O programa da asociación de veciños e comerciantes de Augas Férreas comeza ás 12.30 horas cun contacontos acuático
Imaxe de arquivo
21 Xuño 2024
A asociación de veciños e comerciantes de Augas Férreas organiza este sábado 22 de xuño a Festa fin de curso con contos, moita auga e deportes. O programa comeza ás 12.30 horas cun contacontos acuático con Profe Alba para logo dar paso a xogos de auga e diversión. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, terá lugar un xogo con bicicletas (con pedais e rodiñas) e máis tarde o Ribeira Fútbol Sala impartirá unha actividade sobre o fútbol.
A partir das 18.45, Star Dance levará a cabo unha iniciativa para animar aos participantes a moverse e xa ás 19.45 chega o fin de festa con música, xogos e despedida.