Contratadas as obras da rotonda da N-VI en Lugo

LugoXa
Mitma formaliza a construcción da glorieta de conexión da N-VI coa avenida Alfonso X O Sabio
Glorieta N VI
11 May 2022

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) formalizou, no día de hoxe, o contrato das obras para a construción da rotonda que unirá á estrada N-VI coa avenida Alfonso X O Sabio, en Lugo.

O obxecto deste proxecto é substituir a actual intersección en T por unha nova glorieta entre a N-VI e a avenida Afonso X O Sabio. Unha configuración propia do entorno periurbano. Con esta obra agárdase unha mellora na seguridade viaria na zona, ao facilitar os movementos de entrada e saída da cidade.

Unha actuación que requeriu a transmisión de titularidade dos terreos pertencentes ao Concello de Lugo e á Deputación, unha cesión que tivo lugar o pasado mes de xuño. As obras licitáronse o pasado mes de decembro.

Esta actuación inclúese dentro do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Mitma investiu máis de 85 millóns de euros desde xuño na provincia.

0.16939496994019