Convocada unha nova concentración para pedir a reactivación do centro de saúde de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A veciñanza está convovada este domingo novamente a unha concentración diante do centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea.
concentracion centro saude castro
20 Feb 2023

A veciñanza está convocada este domingo, 26 de febreiro, novamente a unha concentración diante do centro de saúde de Castro de Rei con motivo da defensa da sanidade pública e a reactivación dos centros de saúde do concello.

Dende o pasado ano 2021 veñen realizándose concentracións periódicas. O consultorio de Castro de Rei leva pechado dende antes da emerxencia sanitaria da covid-19 e o centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea continúa baixo mínimos no seu persoal facultativo. "Aínda que houbo anuncios de resolver estes feitos tras as mobilizacións que o BNG activou xunto coa veciñanza para defender e esixir que se garantan os servizos sanitarios, a realidade é que nin o goberno da Xunta nin o goberno municipal fixeron nada para solucionar estas eivas", din dende o BNG, organizador desta sesión.

Neste senso, o BNG defende que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é reforzando o sistema público de saúde. Por conseguinte, o BNG propón un plan de choque cun investimento de 200 millóns de euros, a contratación de profesionais para os centros de saúde e aumentar o orzamento á atención primaria. A nivel local, o BNG recollerá sinaturas da veciñanza para dirixirse á Consellería de Sanidade esixindo a apertura e dotación de persoal nos centros de saúde da localidade.

concentracion centro saude castro interior
0.072465896606445