Convocadas as axudas para agrupacións de defensa sanitaria gandeira

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde de convocatoria das axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) correspondente a 2024, que está dotada cun orzamento de 2.
16 Jan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde de convocatoria das axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) correspondente a 2024, que está dotada cun orzamento de 2.280.000 euros. Estes fondos servirán para financiar o traballo que realizan estas entidades para desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, así como na súa participación na rede galega de epidemiovixilancia deste tipo de doenzas.

Os programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán coa esta orde contempla aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025. Estes programas reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega.

O obxectivo último destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Ademais, no marco do mercado actual, resulta fundamental manter o devandito estado sanitario, desenvolvendo programas destinados ao control de determinadas doenzas, mellorando a rendibilidade e asegurando a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal.

As ADSG tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. Mediante estas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas.

A maiores, no contexto do mantemento do nivel da sanidade animal, resulta determinante consolidar esta estrutura asociativa das ADSG, vinculada aos propios gandeiros. Así, entre as enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) ou a paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún. Tamén están incluídas a enfermidade de Aujeszky, no gando porcino; a salmonelose, nas explotacións aviares; ou a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos.

Ademais, as ADSG poden executar as medidas adicionais en materia sanitaria que sexan necesarias nas explotacións a elas adheridas, segundo as condicións sanitarias da zona e as características particulares de cada agrupación, polo que poden colaborar na vixilancia de enfermidades como a lingua azul ou a enfermidade hemorráxica epizoótica ou na vacinación de lingua azul. As axudas están destinadas a financiar o persoal técnico veterinario das agrupacións, así como os custes do material funxible que utilizan nos programas sanitarios.

Consulta a publicación no DOG

0.15922808647156