Convocadas as festas en Bazar e Coea polo San Antón e a Virxe do Socorro

A fin de semana do 14 e o 15 de xuño, as localidades de Bazar e Coea, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Antón e á Virxe do Socorro.
O programa comezará coa misa solemne desde as 14.00 horas, procesión e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Fuego. Pola noite volverá o mesmo grupo e tamén coa colaboración da Marbella para animar a verbena.
O domingo repetirá o oficio relixioso e a sesión vermú estará ao cargo do grupo Fénix, que tamén encargarase de animar a verbena da noite, coa que se dará por finalizada a sesión. Na procesión da mañá actuará a agrupación Asubíos da Chaira.