Convocadas as subvención municipais para as ANPAS, ás que se destinan 2.000 euros

LugoXa
A convocatoria permitirá financiar ata o 90% das actividades formativas e o 60% das culturais
vieiros-seguros-escolares-montiron
11 Apr 2026

Iria Buide, concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, deu conta da publicación no BOP das bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) de centros educativos sostidos con fondos públicos (CEIP, IES e centros concertados) para a realización de actividades formativas e culturais ao longo do ano 2026.

Buide afirmou que a principal novidade da convocatoria deste ano é o cambio no calendario da convocatoria: "adiantamos a convocatoria de setembro a abril para que as ANPAS poidan planificar mellor as súas actividades ao longo de todo o ano", dixo Iria Buide, que engadiu "queremos facilitar o traballo para que se poidan organizar actividades formativas e culturais de calidade".

O límite máximo de axuda establécese en 2.000 euros por ANPA e as bases diferencian dous tipos de actividades subvencionables. Por unha banda, as actividades formativas (como as relacionadas con adiccións, escolas de nais e pais, educación emocional, primeiros auxilios ou igualdade) poderán recibir ata o 90% de financiamento. Por outra, as actividades culturais (como visitas a museos ou actividades con guía turístico) serán subvencionadas ata nun 60% do seu orzamento. "Estamos a apostar pola formación das familias, clave para o desenvolvemento educativo e social do estudantado", sinalou Iria Buide.

0.12029504776001