Convocadas axudas para promover o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a
12 Jan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se destinan algo máis de 4 millóns de euros a un total de 36 entidades beneficiarias para a adquisición de maquinaria agrícola, e a elaboración dos honorarios dos técnicos encargados dos estudos técnicos-económicos de viabilidade do investimento.

O obxectivo destas axudas é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización. Outras finalidades pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no rural galego.

Son beneficiarias destas achegas as cooperativas agrarias con sección ou servizo de maquinaria, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola en común (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra con cinco ou menos anos de antigüidade ou as sociedades agrarias de transformación nadas da fusión de dúas ou máis explotacións nos últimos cinco anos naturais.

Ligazón á resolución no DOG.

0.15244698524475