Convocado en Pacios un obradoiro sobre muller e saúde

O Concello de Castro de Rei organiza o obradoiro Muller e Saúde, unha actividade gratuíta dirixida a mulleres e centrada na promoción da saúde e na prevención. O encontro terá lugar o 14 de novembro, na escola antiga de Pacios – O Covelo, en horario de 16:30 a 18:30 horas.
A sesión será impartida por Cristina Ouro Núñez, matrona en Lugo e colaboradora da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, e abordará temas de grande interese para o benestar feminino, como a alimentación e o exercicio físico, a menopausa e a osteoporose, a prevención xinecolóxica e os principais factores de risco para a saúde das mulleres.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 7 de novembro a través da páxina web escolasaude.sergas.es, do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org, chamando ao 982 390 062 (María Barreiro) ou mediante este formulario en liña.
Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Castro de Rei, busca fomentar o coñecemento e a prevención como ferramentas fundamentais para mellorar a calidade de vida das mulleres.