Convocado en Penas de Rodas un curso de poda de froiteiras o sábado 28

LugoXa | TerraChaXa
Conta cun número limitado de prazas, cun mínimo de dez e un máximo de quince persoas participantes, polo que será necesaria inscrición previa antes do 14 de febreiro
cuso-de-poda-de-froiteiras
9 Feb 2026

A Asociación Cultural Penas de Rodas, en Outeiro de Rei, organiza un curso de poda de froiteiras que se celebrará o sábado 28 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no local da propia asociación. A iniciativa busca achegar coñecementos prácticos e teóricos sobre as técnicas básicas de poda, contribuíndo ao coidado e mantemento das árbores froiteiras.

O curso conta cun número limitado de prazas, cun mínimo de dez e un máximo de quince persoas participantes, polo que será necesaria inscrición previa antes do 14 de febreiro. A actividade será gratuíta para as persoas socias da asociación, mentres que as non socias deberán aboar unha cota de 10 euros.

Desde a Asociación Cultural Penas de Rodas destacan que esta proposta formativa pretende fomentar o aproveitamento responsable dos recursos naturais e promover a aprendizaxe de técnicas tradicionais ligadas ao ámbito rural, ofrecendo unha oportunidade de formación accesible á veciñanza interesada.

⚙ Configurar cookies
0.078999042510986