Convocado en Rábade un curso de capoeira

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade organiza un curso de capoeira para todas as idades, que se desenvolverá desde o 16 de abril ao 18 de xuño.
curso capoeira rabade portada
9 Abr 2024

O Concello de Rábade organiza un curso de capoeira para todas as idades, que se desenvolverá desde o 16 de abril ao 18 de xuño.

Vaise impartir todos os martes e xoves en horario de 19:30 a 20:30 horas no centro sociocultural da localidade.

As persoas que desexen inscribirse poden facelo a través da área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.

0.11926102638245