Convocado un curso de cosmética orgánica en Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Outeiro de Rei en colaboración coa Deputación de Lugo e Terras do Miño pon en marcha un Curso de cosmética orgánica e artesanal.
cosmetica natural
25 Aug 2021

O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Deputación de Lugo e Terras do Miño pon en marcha un Curso de cosmética orgánica e artesanal. É presencial e de carácter gratuíto.

O curso terá lugar o sábado día 11 de setembro en horario de maña de 10:00h. a 14:00 horas  no Centro Cultural de Outeiro de Rei.

O prazo de inscrición permanecerá aberto  ata o mércores 8 de setembro ou ata cubrir prazas, 12 en total, tendo sempre preferencia as persoas empadroadas neste  municipio con respecto ás de fóra.

Pódese acadar  máis información no teléfono 982 39 34 08 ou nas oficinas da casa da cultura.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12617993354797