Convocado un encontro en liña para familias sobre a sexualidade con nenos e adolescentes

LugoXa | TerraChaXa
Este obradoiro será impartido a través da plataforma zoom por Susana Piedra Zorrilla psicóloga
obradoiro-sexualidade
Cartel do evento
19 Maio 2024

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar o mundo afectivo-sexual dende o ámbito das familias de nenas, nenos e adolescentes.

Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse contidos como a adolescencia e preadolescencia, as condutas de risco no ámbito da sexualidade, a educación afectivo sexual na pre e adolescencia, as características e pautas familiares, os mitos e realidades nas familias en torno á sexualidade e as competencias familiares para un desenvolvemento afectivo-sexual.

A sesión será o  3 de xuño de 17.00 a 18.30 horas e a inscrición pode facerse neste enlace.

0.16638684272766