Convocado un faladoiro feminista sobre saúde mental
A palestra contará con Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica e portavoz do Movemento Galego pola Saúde Mental, e Marta Darriba, Educadora social e psicopedagoga, e técnica de xestión integral en saúde mental en Feafes.
O BNG de Lugo convoca á veciñanza a un novo faladoiro feminista sobre saúde mental con perspectiva de xénero, que se celebrará no auditorio da Casa do Saber o vindeiro martes 16, a partir das 19:30.
Nesta nova edición intervirán a psicóloga clínica Rosa Cerqueiro, actual portavoz do Movemento Galego pola Saúde Mental, movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas, que falará xunto coa educadora social e psicopedagoga Marta Darriba, que exerce como técnica de xestión Integral en Feafes, traballando na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, ademais das súas familiares e achegadas.
Este novo faladoiro é a 18ª do ciclo de charlas feministas promovidas polo BNG e Galiza Nova, entre as que se trataron diversas temáticas como a liberdade sexual, a violencia machista, o papel das mulleres no mundo laboral a endometriose ou a perspectiva de xénero no urbanismo.
Programa
- 7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil
- 19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas
- 27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira
- 29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil
- 20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.
- 13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboral, Dalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).
- 25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)
- 24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro
- 20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).
- 26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)
- 3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)
- 8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)
- 8 de xuño de 2021 Atención ás víticmas no ámbito xudicial, Marta Abuín (Traballadora Social), Ana Jartín (psicóloga da oficina de atención ás Vítimas) e Marta Rivas (psicóloga do IMELGA)
- 30 de novembro de 2021 Diversidade sexual con Laura Bugalho (activista e sindicalista) e Ánxela Montero (mestra de Educación Infantil)
- 25 de xaneiro de 2022 Diversidade sexual con Nicolasa Castro (profesora de Lingua e Literatura) e Robert Neal Baxter (Lingüista e traductor)
- 15 de novembro de 2022, O reto de ser visíbeis no mundo laboral con Montserrat Valcárcel (profesora da USC) e Isabel Calvete (axente ambiental)
- 28 de febreiro de 2023, Urbanismo e perspectiva de xénero con Teresa Táboas (doutora en Arquitectura e conselleira de Vivenda entre 2005 e 2009) e Oihane Ruíz (Arquitecta e urbanista)