Convocan á veciñanza de Antas de Ulla a unha sesión formativa sobre trámites administrativos

LugoXa
Será este luns, 20 de xaneiro, ás 10:30 horas na Casa da Cultura
trabajo_internet_ordenador_recurso
17 Jan 2025

Os veciños e veciñas aprenderán a tramitación do certificado dixital e a Cl@ve nunha sesión para particulares, autónomos, pequenas empresas e asociacións

O Concello de Antas de Ulla organiza o próximo luns, 20 de xaneiro, unha sesión de Administración. Preto de ti para asesorar aos veciños e veciñas.

Coa colaboración da Delegación do Goberno en Galicia e da Subdelegación do Goberno en Lugo, a Casa da Cultura de Antas de Ulla será o escenario de sesión ás 10:30 horas.

“Temos que evitar a fenda dixital, sobre todo coas persoas maiores, e con esta sesión daremos asesoramento sobre os trámites e xestións máis habituais, resolvendo por exemplo as dúbidas dos veciños e veciñas para obter o certificado dixital e a Cl@ve permanente para relacionarse electrónicamente coas administracións públicas”, sostén a alcaldesa, Pilar García Porto

Acudirá tamén persoal do SEPE e da Seguridade Social para ofrecer información sobre os trámites realizados polos mesmos.

0.11249899864197