Convocan na Fonsagrada a segunda edición dun taller de poda e enxertos

A Deputación de Lugo e o Concello de A Fonsagrada organizan unha segunda edición do taller de Poda e Enxertos, xa que na primeira edición deste taller, quedou moita xente en lista de agarda.
Esta segunda sesión será os días 19 e 20 de outubro en horario de 10.00 a 14.00 horas no salón de actos Os Chaos.
Estará a cargo de Juan Carlos Llamazares Díaz, Enxeñeiro de Montes, propietario dun viveiro de plantas forestais e comercial agrícola, e Juan José Mourís Iglesias, traballador durante 21 anos nun invernadoiro de plantas agrícolas.
O obradoiro consta dunha parte teórica de poda de froiteiros, forestal e hortícola; enxertos e maneiras de plantar. Na parte práctica faranse exemplos de podas de fructificación e de formación e tamén dous tipos de enxertos (tomate e pemento). Se a metereoloxía o permite, farase unha saída de campo.
O curso, que ten prazas limitas é gratuíto. É obrigatoria inscrición no seguinte formulario.