Convocan un curso de cestería de madeira na Casa das Insuas
A Casa das Insuas continúan coas actividades vinculadas coa artesanía galega coa convocatoria dun novo obradoiro, nesta ocasión avanzado de cestería de láminas de madeira a cargo do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas.
Fillo e neto de cesteiros, Enrique amosará toda a técnica necesaria para elaborar unha cesta tradicional de mariscar con láminas de madeira.
Este curso terá lugar o sábado 2 e domingo 3 de abril, de 10:30 a 14:30 e de 16 a 20h (cun total de 16 horas) na Casa das Ínsuas en Rábade.
Será necesaria inscrición previa no teléfono 686 701 644 e o prezo do curso será de 150 euro para socios da Asociación Galega de Custodia do Territorio e de 160 para o resto.
As prazas son limitadas polo que abrirase lista de espera e valorarase experiencia previa en cestería.