Convocan unha concentración moteira en Lugo para recadar fondos para a investigación do cancro de próstata
									LugoXa								
			The Distinguished Gentleman's Ride, a concentración de motos máis solidaria e elegante volve percorrer as rúas de Lugo.
 					
					
10 Apr 2024
			
				The Distinguished Gentleman's Ride, a concentración de motos máis solidaria e elegante volve percorrer as rúas de Lugo. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de maio en apoio da saúde mental e a investigación do cancro de próstata
Deste xeito, manteñen o evento benéfico de motociclismo que se celebre en todo o mundo e coa que se recadan fondos para a fundación Movember. Os interesados en participar deben estar rexistrados na web www.gentlemansride.com para coñecer tamén os detalles do percorrido.