Convocan unha nova edición da Feira de Oportunidades de Monterroso

LugoXa
Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 28 de xullo
monterroso-concello
26 Xul 2024

Preparan unha nova edición da Feira de Oportunidades de Monterroso. O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, programa unha nova convocatoria. Será o 9 e 10 de agosto e levarase a cabo un sorteo de 450 euros en vales de compra.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 28 de xullo, por correo electrónico (espazo.lorenzo.varela@gmail.com) ou WhatsApp no teléfono da traballadora de cultura (626 529 893).

0.13999605178833