Convocan unha xornada de observación de especies nas Insuas do Miño

TerraChaXa | LugoXa
As Insuas do Miño acollerán o sábado, 13 de maio, un bioblitz en horario de 10.00 a 14.00 horas, xornada de observación de especies.
bioblitz observacion xornada insuas do mino portada
9 Maio 2023

As Insuas do Miño acollerán o sábado, 13 de maio, un bioblitz en horario de 10.00 a 14.00 horas, organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Sociedade Micolóxica Lucus.

Un BioBlitz (BioLóstrego) consiste nunha xornada de campo multidisciplinar co obxectivo de descubrir a maior cantidade de especies de organismos de todo tipo que habitan nun determinado lugar.

Comezará a xornada na Casa das Insuas, onde se recibirá a tódolos participantes para posteriormente achegarse ata as Insuas do Miño en vehículos propios para facer diferentes paseos pola zona e observando as diferentes especies de flora, fauna e micobiota das insuas. Para este evento, usarase a plataforma iNaturalist para rexistrar todas as especies observadas e contribuír á difusión do coñecemento científico.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

bioblitz observacion xornada insuas do mino
0.21310901641846