Convócanse os afectados polo ramal A-54/N-547 para o levantamento de actas previas á ocupación

LugoXa
O proceso terá lugar nos baixos da Casa Consistorial de Palas de Rei entre as 8:30 e as 14:30 horas do 30 de xullo
concello-palas
26 Jul 2025

O Ministerio de Transportes vén de anunciar a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación temporal de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da autovía Santiago–Lugo (A-54), concretamente no tramo correspondente ao ramal de conexión do enlace de Remonde coa estrada N-547.

O acto desenvolverase o vindeiro mércores 30 de xullo de 2025, en horario de 8:30 a 14:30 horas, nas dependencias situadas nos baixos da Casa Consistorial de Palas de Rei. Están chamados a comparecer todas as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as parcelas afectadas por esta actuación.

Este trámite é un paso imprescindible dentro do procedemento expropiatorio para a execución das obras públicas previstas, e permitirá formalizar a ocupación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do novo ramal viario que conectará directamente a autovía coa N-547.

⚙ Configurar cookies
0.15859603881836