Coro de Rao, en Navia, presenta o programa das súas festas

A romaría arranca ás 12.30 horas con misa solemne na honra a Santa María para dar paso a unha sesión vermú
festas-patronais
Foto recurso
11 Aug 2024

Coro de Rao, parroquia situada no concello de Navia de Suarna, na comarca dos Ancares, presenta o programa das súas festas que celebrarán un ano máis. A romaría chega o vindeiro martes 13 de agosto para facer desfrutar tanto a veciños e veciñas como a asistentes.

O programa arranca ás 12.30 horas con misa solemne na honra a Santa María para dar paso a unha sesión vermú con Alba y su Acordeón. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, organizarán un bingo popular e tamén actuará o grupo tradicional Reviravolta. Alba y su acordeón e a disco móbil DBC amenizarán a verbena pola noite.

⚙ Configurar cookies
0.72328901290894